EVD GALICIA – Mos organiza un Escape Room con motivo do Día da Muller 2022

A cita terá lugar o próximo día 12 de marzo nas instalacións de EVD GALICIA en Mos.

Cada 8 de marzo celébrase unha data importante para as mulleres e para a sociedade en xeral. Dende EVD GALICIA cada ano, con motivo desta data, organizamos diferentes accións e actividades para poñer en valor o papel das mulleres na nosa sociedade e sobre todo para denunciar a dobre discriminación que sofren as mulleres con discapacidade, pola súa doble condición de muller e de muller con discapacidade.

Neste ano, queremos anunciarvos que o vindeiro día 12 de Marzo, tedes unha cita que destacar nas vosas axendas: Scape room pola igualdade en Mos.

O Scape room pola igualdade, está organizado por EVD GALICIA e por APAIOGA, Asociación profesional de axentes de igualdade de oportunidades galega.

Na actividade poderán participar persoas de calquera idade. Diversión e compromiso poden ir da mesma man.

Bule bule! A data límite para inscribirse é o 10 de Marzo.  Podes facelo a través dalgún dos seguintes medios:

  • Teléfono: 986 330 559
  • Mail: evdocio@gmail.com

Esperámosvos